publicidade hoxe

Xogos e debates en Pontevedra para rachar cos prexuízos lingüísticos e promover o uso da lingua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Máis de 200 alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria participarán mañá,1 de febreiro, en obradoiros e actividades promovidas pola Concellería de Normalización Lingüística. Xogos e debate son as ferramentas escollidas para rachar cos prexuízos lingüísticos e promover o uso da nosa lingua.

As actividades do 1 e febreiro son as seguintes:

2 obradoiros Xoguetoloxía no CEIP Manuel Vidal Portela

– ás 9.15 h: 49 nenas e nenos de 1º de Educación Primaria

– ás 11.30 h: 45 nenas e nenos de 2º de Educación Primaria

Os obradoiros de Xoguetoloxía están dirixidos a alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil e do 1º e 2º ciclo de Primaria.Trátase dun obradoiro de construción de xogos, xoguetes, enredos e instrumentos sonoros con materiais de refugallo e naturais: birlos, peóns, boliches, papaventos… impartido por Xandobela. Ten unha duración aproximada de 80-90 minutos.

Teñen como obxectivo:

– Promover o uso da lingua galega asociada ao xogo e á creatividade

– Aprender a construír os seus propios enredos e a xogar sen necesidade de grandes gastos

– Fomentar a creatividade e a autonomía

Desenvolvemento:

– Presentación e pensamento diverxente: as nenas e nenos aprenderán que con materiais pobres se poden facer grandes cousas, polo que nun primeiro momento, verán os materiais e haberá unha pequena chuvia de ideas sobre que uso alternativo se lles pode dar.

– Cada rapaz/a construirá o seu enredo para poder levar a casa.

– Xogarán e experimentarán co enredo e, como peche, xogo tradicional bailado 1 obradoiro OPS! O galego, a nosa vantaxe no IES Sánchez Cantón

– de 9.50 a 11.30 h: 60 alumnas e alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato

Con esta proposta dirixida a estudantes de ESO, Bacharelato e ciclos formativos aprenden que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que, polo tanto, falar galego ofrece unha clara vantaxe competitiva. O obradoiro está impartido por AGA e ten unha duración de dúas horas lectivas consecutivas (50 + 50 minutos)

Obxectivos:

– Poñer en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos.

– Mostrar a vantaxe de falar galego para poder comunicarse co mundo da lusofonía.

Charla sobre prexuízos lingüísticos a cargo da Mesa, no IES Torrente Ballester

– ás 12.30 horas: 70 alumnas e alumnos de 3º ESO

“Desmontando os prexuízos e as mentiras contra a lingua galega”. Abranguerá unha explicación do que significan os prexuízos lingüísticos, como funcionan e cales son algúns dos principais no caso galego. Esta conferencia insírese dentro do programa de conferencias e charlas que a Concellaría de NL ofrece aos centros de ensino.

31 de xaneiro de 2017 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.