publicidade hoxe

Xogadoras e corpo técnico do Pescados Rubén Burela FS aprenden a salvar vidas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Curso Salvacorazóns

Curso Salvacorazóns

Xogadoras e corpo técnico do Pescados Rubén Burela FS participaron esta semana no Curso Salvacorazóns DESA, no que obtiveron o título de uso do desfibrilador externo semiautomático para persoal non médico. Lucas, Julio, Jozi, Helena, Elvira, Bea Mateos, Lara, Shiori e Emma aprenderon a salvar vidas da man do técnico de emerxencias sanitarias 061 Camilo Vázquez, responsable de formación na provincia de Lugo.

Nesta xornada, de 8 horas, os burelistas profundaron nos primeiros auxilios, reanimación cardiopulmonar adulta e pediátrica e desobstrución das vías respiratorias adultas e pediátricas.

Dende onte, os burelistas están máis preparados para reaccionar ante unha situación de perigo recorrendo ao desfibrilador do pavillón municipal de Vista Alegre ou en calquera outra instalación que dispoña do devandito equipo. 

Nas filas laranxas tamén obtiveron o devandito certificado os técnicos de base Alfonso Mera e Christian Fustes, nunha iniciativa promovida dende o Concello de Burela e aberta a dous representantes de cada club do municipio.

26 de xaneiro de 2017 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.