publicidade hoxe

Visita das Maxestades de Oriente a Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Mañá, día 5, os Reis Magos visitaran Gondomar coas súas carrozas e os seus paxes reais facendo unha parada no belén vivinte que o Concello e a Asociación de Mulleres Rurais  instalaron no Parque da Coelleira.

As 18 da tarde está prevista a saida de Melchor, Gaspar e Baltasar dende a rotonda da Rúa Ameixeira, estarán precedidos pola Rondalla da A.VV Galiñeiro de Vincios e a Banda de bombos e tambores, ademáis dos axudantes reais e os pastorciños.  

A comitiva real pasará por diante do Concello e descenderá pola Avenida do Conde ata chegar as oficinas da Policía Local. En este punto a Banda de bombos e tambores guiará a os Reis Magos ata o pesebre do neno Xesús no belén vivinte do Parque da Coelleira. Rematarán o seu percorrido polo centro da vila na Praza, ante o Concello, onde as Suas Maxestades ocuparán os seus tronos.

O longo de todo o percorrido os paxes reais e os pastorciños repartirán caramelos aptos para celíacos os nenos e nenas que se acheguen a desfrutar da cabalgata organizada pola Concellería de Cultura. En caso de choiva a cabalgata trasladarase o Pavillón de Deportes do municipio.

4 de xaneiro de 2017 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.