publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Uns 350 alumnos de Riveira celebran o Día da Ilustración con teatro no auditorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Representación teatral no Día da Ilustración

Representación teatral no Día da Ilustración

Uns 350 rapaces de ESO e Bacharelato de distintos centros educativos do municipio celebraron esta mañá o Día da Ilustración de Galicia cunha dobre sesión de teatro no Auditorio Municipal de Riveira.

Os alumnos tiveron ocasión de asistir a actuación de Teatro Limiar e a representación de “A lingua na boca”. A obra, con máis de 90 representacións en toda a comunidade autónoma, é un repaso pola biografía de Castelao, cuxo aniversario se celebra neste 30 de xaneiro.

O acto estivo organizado pola Consellería de Educación. 

30 de xaneiro de 2017 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.