publicidade hoxe

Un cento de produtores galegos citaranse en Monforte para coñecer as fórmulas de comercialización exitosa de alimentos ecolóxicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

As producións certificadas polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica seguen gañando terreo: os produtos que máis medran na certificación son leite e derivados, carne e produción avícola, conservas, peixe e pensos para alimentación animal. E aínda que a demanda é relativamente pequena en Galicia, nos anos máis fortes da crise o sector triplicou a súa facturación na nosa comunidade.

Para saber das mellores canles de venda e distribución duns alimentos que cada vez máis consumidores escollen para levar a casa e que non só os procuraen tendas especializadas, o venres 27 de xaneiroa Casa da Cultura Poeta Luis Pereiro de Monforte acolle unha interesante cita organizada polo CRAEGApensando nos produtores con certificación ecolóxica, un imprescindible punto de encontro.  “Sempre procuramos facer xornadas de interese para o sectorpero tamén traballamos en actividades para favorecer as vendas. Trátase, ao fin, depotenciar o coñecemento tamén entre os consumidores”, explica opresidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, José AntonioFernández.

De que se falará

A Xornada de Comercialización de Produtos Ecolóxicos de Galiciaxirará sobre o proceso que conleva comercializalos e vendelos tanto a a nivel nacional como internacional, expoñendo os diferentes puntos de vista sobre o mercado e centrándose en aspectos relacionados coa xestión comercial e o axeitado uso do marketing. 

A cita dará comezo ás 10:00 coa benvida da Directora Xeral de Agricultura, Belén Docampo; do
alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé;e do presidente doConsello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), José AntonioFernández e dun representante da Deputación de Lugo. Despois, Ángeles Parra, presidenta da Asociación catalana Vida Sana,falará da “Evolución dos produtos ecolóxicos en España” e Begoña Táboas Touceda, directora do Proxecto Bio e Gourmet PGC en Carrefour, explicará por que o sector da gran distribución decidiu venderestes alimentos e incluilos como unha oferta crecente nos lineais.

Albert Beltrán, odirector de negocio da gran empresa pioneira na distribución de produtos ecolóxicos en España, Biocop;explicará despois cal é a estratexia dunha firma que factura xa máis de 10 millóns de euros.A quenda da administración contará coa voz de representantes da Consellería de Medio Rural e da Consellería do Medio do Mar, entre elesa directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez; edaDeputación de Lugo, seguido da intervención de Esperanza de Marcos Sanz, a actual Xefa de Servizo na Subdirección Xeral de Calidade Diferenciada e Agricultura Ecolóxica, que concretarácal é anova lexislación europea neste eido.

Tras o descanso a sesión de tarde queda reservada para unha interesante mesa redonda na cal falarán en primeira persoa da súa experiencia un grupo de produtores ecolóxicos de mazá, Ullama; e os gandeiros monfortinos de
Ganado de Lemos.Despois iniciarase un debate abertopara que participen todos os asistentes.

19 de xaneiro de 2017 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.