Últimos días de emenda de documentación para participar na Bolsa de Emprego Municipal do Grove
O Concello do Grove informa a todos os interesados de que está a piques de rematar o prazo de emenda de documentación para poder formar parte da bolsa de emprego municipal. Segundo o procedemento administrativo habitual nestes trámites unha vez revisada a documentación abriuse un período de dez días nos que as persoas que quedaban excluídas da bolsa por falta de documentación poden presentar a mesma no rexistro municipal e así pasar a ser incorporados á lista de admitidos. O prazo referido remata o vindeiro luns 23 de xaneiro polo que é importante que as persoas que se atopen nestas circunstancia procedan a presentar no rexistro a documentación precisa.