publicidade hoxe

Tui contratará a 23 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos 2017

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O Concello de Tui contratará a 23 persoas durante dez meses ao abeiro da liña 3 de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais do Plan Concellos 2017 para o que solicitou unha subvención de 225 mil euros á Deputación de Pontevedra.

En concreto solicitouse a achega para a contratación de 10 peóns de limpeza, 3 oficiais de segunda albaneis, 1 oficial de segunda carpinteiro, 1 oficial condutor e 1 oficial soldado/cerralleiro, para o servizo de obras a razón de 35 horas semanas. Por outra parte solicitouse tamén a contratación de 7 auxiliares administrativos tres deles durante 30 horas semanas e 4 cun contrato de 25 horas semanas.

As persoas interesadas en acceder á selección para estes postos de traballo teñen que ser desempregados, estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante  non ocupados dispoñibles para o emprego. Será a propia oficina de Emprego de Tui quen remita ao Concello a listaxe das persoas que reúnan os requisitos para cada posto de traballo. 

23 de xaneiro de 2017 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.