publicidade hoxe

Trece Rondallas actuarán o día de Reis en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O Encontro de Rondallas do día 6 en Gondomar pecha a  programación de nadal da Concellería de Cultura que dirixe Nuria Lameiro. Este ano un total de trece rondallas animarán o centro da vila condal entre as 10h e as 15h.

O percorrido das Rondallas  iniciarase na rotonda da Rúa Ameixeira, saludarán as autoridades diante do Concello e realizarán o tradicional intercambio de bandeiras no cruce das rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz.

As Rondallas participantes, son por orde de actuación: A. C. Recreativa San Mamede de Zamáns, A. C. Santiaguiño de Guizán,  C. V e Cultural de Valadares, CC A Merced de Chaín, A. VV Galiñeiro Vincios, A. Cultural Musical de Pontellas, A. Cultural e Social Herville,  Santiago de Parada,C.C. de Beade, Santa Eulalia de Mos, Soc. Cultural Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive, Santa Eulalia de Atios e A. Cultural Peña Freixo. 

4 de xaneiro de 2017 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.