publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tras a aprobación definitiva do PXOM de Mos o departamento de Urbanismo segue a presumir de grandes logros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Tras a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal mosense a semana pasada, o Departamento de Urbanismo do Concello de Mos continúa a demostrar que é exemplo de traballo eficiente e xestión eficaz facendo públicos os datos de tramitación de licenzas do pasado exercizo, que superan en termos absolutos aos do ano 2015.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro, deron conta hoxe do traballo anual deste departamento municipal do que declararon sentirse “enormemente orgullosas”.

Licenzas concedidas

A cifra máis aplastante das que se rexistran neste balance estatístico urbanístico do ano 2016 é a das licenzas de primeira ocupación, que se duplicaron respecto de 2015, sendo ese ano un total de 8 fronte ás 16 licencias de primeira ocupación concedidas en 2016.

Por outra banda as licenzas de obra maior concedidas tamén se incrementaron pasando de 50 en 2015 a 53 en 2016. Estas licenzas veñen aumentando xa dende o ano 2014, cando se rexistraron un total de 46.

Dentro das licenzas de obra maior cabe destacar as referidas á vivenda, que son as que experimentaron un maior aumento pasando de 9 en 2014, a 12 en 2015 e 14 en 2016. Este dato, xunto coa duplicación de licenzas de primeira ocupación, constata que o de Mos é un Concello residencial (ademais de industrial) en crecemento, ao que a xente quere vir vivir e no que a poboación constrúe vivendas. De ahí tamén a importancia e a imperiosa necesidade dun PXOM para Mos, que por fin é unha realidade ao atoparse xa o documento aprobado definitivamente.

Outra cifra que creceu considerablemente en 2016 foi a de número de licenzas de actividade, comunicación previa e declaración responsable que se incrementaron nun total de 10, pasando de 81 en 2015 a 91 en 2016.

No apartado de ‘outros expedientes tramitados’ a cifra do 2016 supera tamén á do 2015 e á do 2014. En 2014 tramitáronse un total de 237, en 2015 foron 242 e en 2016 foron 249 os expedientes.

Dentro destes ‘outros expedientes’ destaca o incremento das devolucións de aval que pasaron de 8 en 2014, a 18 en 2015 e 29 en 2016; e destaca notablemente o dos expedientes de medio ambiente que pasaron de 133 en 2014, a 161 en 2015 e 167 en 2016.

O resumo total de licenzas concedidas, incluíndo expedientes tramitados fóra de ordenación, vados e taxis, -sumados ao resto dos ata agora citados-, fai un cómputo de 320 en 2015 e 324 en 2016.

Expedientes tramitados

Por último destacar o ascenso dos expedientes tramitados en Urbanismo en 2016, comparándoos cos do ano 2015.

O número total de asuntos de Urbanismo e Medio Ambiente que se levaron a Xunta de Goberno Local en 2015 foi de 562 e en 2016 foron 11 máis, un total de 573.

Aportar, para concluír, as cifras que supuxeron un maior incremento porcentual no que a tramitación se refire e que foron os expedientes de Urbanismo xestionados no programa informático Cívidas que en 2016 foron 119 máis que en 2015 e 204 máis que en 2014. O total de expedientes en Cívidas en 2014 foi de 654, en 2015 foi de 739 e en 2016 de 858.

En Urbanismo contan dende principios do ano 2011 cun novo sistema de xestión de expedientes urbanísticos, denominado Cívidas, cuxo obxectivo principal é lograr optimizar e axilizar a tramitación dos expedientes co fin de reducir os prazos na obtención de licenzas por parte de particulares. Neste sentido pretendeuse incrementar a satisfacción co servizo prestado entre os veciños de Mos e demais usuarios do departamento municipal de Urbanismo.

En resumo, tanto Arévalo como Loureiro, coincidiron en destacar hoxe o inmellorable traballo diario realizado por este departamento.

25 de xaneiro de 2017 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.