publicidade hoxe

Soutomaior celebra o novo ano proxectando o filme “Buscando a Dory”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O Concello de Soutomaior, dentro do seu programa de actividades culturais de Nadal, ofrece mañá martes unha nova sesión de cine infantil coa película “Buscando a Dory”. Unha comedia de animación dirixida ao público familiar. A proxección terá lugar no Multiusos de Arcade ás 18.00 horas e a entrada é totalmente gratuíta até completar as localidades dispoñibles.

Un ano despois dos acontecementos narrados en “Buscando a Nemo”, Dory vive apaciblemente con Marlin e o seu fillo Nemo. Pero durante unha viaxe para ver como as mantaraias migran de volta a casa, os problemas de memoria de Dory parecen desaparecer durante un segundo: lembra que ten unha familia e inmediatamente decide emprender viaxe para reencontrarse cos seus pais, aos que perdeu hai anos.

2 de xaneiro de 2017 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.