publicidade hoxe

Silleda abre a convocatoria do Plan de Axuda á Creación de Emprego 2017

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe as bases do Plan de Axuda á Creación de Emprego, logo da modificación aprobada polo executivo local, pola que se os  gastos subvencionables no apartado de proxectos do sector Primario, do  Medio Ambiente ou de I+D+I.

Neste punto,  figurarán a partir de agora como gastos subvencionables os equipos informáticos, desenvolvemento e custos de páxina web, aplicacións informáticas e outros gastos tecnolóxicos, e tamén outros gastos coma a compra de maquinaria ou apeiros, instalacións (invernadoiros, sistemas de riego…) realización de pozos ou os chamados insumos agrícolas (sementes, plántulas, fertilizantes, produtos fitosanitarios…).

As bases, que foron aprobadas o pasado ano por unanimidade de todos os grupos da Corporación, tamén se adaptan á Lei 39/2015 de Procedimentos Administrativos.

A cantidade máxima subvencionable a través destas axudas municipais é de 3.000 euros. Dende o goberno municipal a concelleira Ana Luisa González lembra que esta iniciativa, “coa que pretendemos axudar aos nosos emprendedores e emprendoras  continuará ao longo de 2017 cunha nova partida específica nos orzamentos municipais”.

Dende a súa creación no ano 2015 concedéronse xa 8 axudas ao abeiro desta iniciativa “que agardamos mellorar co esta ampliación de gastos subvencionables”, indica a concelleira.

As bases estarán xa dende maña disponibles na web municipal, xunto cos correspondentes formularios para formalizar a solicitude.

31 de xaneiro de 2017 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.