publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sepes comprométese á urbanización da última fase do Polígono Industrial de Teixeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

A Sepes Entidade Estatal do Chan comprometeuse a acometer a urbanización da segunda e última fase do Polígono Industrial de Teixeiro (Curtis), que dotará dos servizos públicos necesarios a 40 novas parcelas que ocuparán un espazo neto de 337.000 metros cadrados.

Lucía Molares, directora xeral de Sepes, mostrou a súa total receptividade a acometer as obras que finalizarán a urbanización desta zona empresarial durante unha reunión que mantivo esta mañá en Madrid co alcalde curtiense, Javier Caínzos. A entidade estatal procederá agora a elaborar o proxecto e a valorar os custos económicos.

Tanto a directora de Sepes como o rexedor curtiense destacaron a necesidade de abordar este novo paso no Polígono de Teixeiro para poder atender as peticións de asentamento de empresas de grandes dimensións e que por necesidades estruturais non se adapten aos espazos que aínda están á venda na primeira fase. A última adquisición foron 11 parcelas, que ocupan un espazo de 85.000 metros cadrados, que serán as que acollerán a Goodleit, a planta procesadora de leite que apostará pola innovación e a xeración de valor engadido á materia prima.

A nova urbanización implicará a execución dos viarios públicos, o saneamento separativo e o abastecemento de augas, a iluminación pública e a enerxía eléctrica.  

19 de xaneiro de 2017 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.