publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sarabela Teatro representará no Pazo da Cultura de Narón a obra Normas para saber vivir na sociedade actual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O teatro voltará este sábado, día 21, ao Pazo da Cultura, da man da compañía Sarabela Teatro, que representará a comedia Normas para saber vivir na sociedade actual. A posta en escena dará comezo ás 20.00 horas e as persoas interesadas poden adquirir as súas entradas na billeteira do Pazo da Cultura ou a través da páxina web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.

A temática da obra xira en torno á sinceridade, abordando asuntos como a hipocresía da sociedade e a súa relación co afastamento dos sentimentos humáns, destacando un marcado ton crítico pero sempre tratado con retranca. A compañía ourensá aposta pola adaptación dunha obra escrita na década dos 90 polo recoñecido autor francés Jean Luc Lagarce, dirixida por Ánxeles Cuña e cun elenco artístico integrado por: Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo e Vadzim Yuknevich.

19 de xaneiro de 2017 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.