publicidade hoxe

Rey Varela reúnese con rexedores galegos para impulsar novas vías de colaboración en materia social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecente
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Crecente. Foto: X. Crespo

Rey Varela na reunión co alcalde de Crecente. Foto: X. Crespo

A Consellería de Política Social insiste na súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación. Neste sentido, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo unha xuntanza de traballo no día de hoxe co alcalde de Crecente (Pontevedra), Julio César García-Luengo Pérez.

Sectores de poboación como a infancia, os maiores ou os máis necesitados foron algúns dos piares das conversas que mantiveron os responsables políticos que coincidiron na importancia da cooperación entre ambas institucións públicas para optimizar os recursos locais e autonómicos. En particular, Rey Varela e o alcalde de Crecente aludiron á importancia do mantemento de 20 prazas públicas na escola infantil da localidade. Así mesmo, o titular autonómico fixo referencia á ratio de atención no Servizo de Axuda no Fogar Dependencia, que é do 100%, grazas ás 11.724 horas anuais de servizo que se prestan no concello; e á residencia San Pedro, na que 16 das prazas son concertadas e para as que a Xunta de Galicia realiza unha inversión de 226.425,20 euros.

Ademais de repasar as actuacións da Xunta de Galicia en Crecente, ambos mandatarios estudaron posibles novas vías de colaboración entre administración autonómica e local para mellorar os servizos e infraestruturas de atención aos cidadáns.

13 de xaneiro de 2017 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.