publicidade hoxe

Pazos de Borbén acorda o primeiro convenio colectivo do persoal funcionario e laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén acaba de asinar o seu primeiro Convenio Colectivo para o persoal funcionario e laboral. Un documento no que se recollen de maneira específica todos os dereitos e obrigacións dos traballadores do Concello, desde as condicións laborais até as ofertas de emprego público. O documento entrará en vigor tras a ratificación do pleno municipal, que se celebrará nas próximas semanas.

No novo documento especifícanse ademais das condicións laborais dos propios traballadores, os procesos baixo os que se regularán tanto a selección de novo persoal laboral como as ofertas de emprego público. Para o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, “o acordo permite unha homoxenización das condicións laborais, a racionalización das estruturas profesionais e un compendio de dereitos, deberes e normas para futuras regulacións”.

Desta maneira, complétase un dos grandes obxectivos que se impuxo o actual equipo de goberno ao implementar este convenio colectivo que “actualiza a regulación dos traballadores funcionarios e laborais e define aspectos básicos que garanten a calidade do emprego, como a conciliación coa vida familiar”, afirmou Iglesias.

18 de xaneiro de 2017 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.