publicidade hoxe

Os veciños de Ansemil e Martixe estrearán esta fin de semana a reforma do centro social da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

As parroquias de Ansemil e Martixe estrean as reformas do seu local social este sábado día 28. A cita será ás 21.30 horas, cunha cea á que seguirá a actuación do grupo de gaitas A Pereiriña, que ten tamén neste centro o seu lugar de ensaio.

A asociación veciñal quere así celebrar o recente acondicionamento no edificio, no que se dotaron novos aseos e se pintou todo o exterior do inmoble, entre outras melloras. O alcalde, Manuel Cuiña, asistirá xunto con outros membros do goberno local a esta cita. As melloras realizadas no centro social de Ansemil-Martixe son tamén un exemplo do dinamismo dalgunhas entidades no rural de Silleda, que en colaboración coas Administracións apostan por realizar melloras nos seus locais parroquiais, un punto de encontro para a veciñanza.

26 de xaneiro de 2017 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.