publicidade hoxe

Os Reis Magos sairán da Estación de Tren de Curtis ás 17.00 horas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

 O Concello de Curtis xa ten todo preparado para as Cabalgatas dos Reis Magos que percorrerán os pobos de Curtis e Teixeiro o xoves, día 5, a partir das 17.00 horas de maneira simultánea e que finalizarán, en ambos os casos, coa recepción aos Magos de Oriente e cunha gran festa infantil.

Curtis: A comitiva dos Reis sairá desde a Estación de Tren e continuará pola Avenida Principal até chegar á Casa da Xuventude, e alí virará á esquerda cara a rúa Alcalde Espiñeira camiño do edificio Multiusos do Recinto Feiral de Curtis, onde se celebrará a recepción e a festa infantil.

 Este ano, ademais, por primeira vez, os Reis, farán unha parada no Centro de Día.

Teixeiro: Os Reis Meigos partirán desde a Casa do Concello na Praza de España e seguirán pola rúa Sánchez Anido até á estación de tren. Despois percorrerán as rúas Doutor Martínez Pardo, Emigrantes e Faragullas até o pavillón polideportivo, onde se recibirá á comitiva e organizarase a festa para os nenos e nenas. 

4 de xaneiro de 2017 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.