publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os Reis Magos comparten cos nenos de Mos a paixón ‘futboleira’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron esta mañá aos nenos e nenas das categorías inferiores da Unión Deportiva Mos no Campo de Fútbol das Baloutas. Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron acompañados na súa visita pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde mosense e concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, a edil de Cultura, Sara Cebreiro; e o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Serodio.

Os Reis Magos compartiron cos cativos da U.D. Mos paixón futbolística demostrando incluso os seus dotes co balón nunha pequena ‘pachanga’ na que participaron tamén os nenos e nenas e o presidente do clube, Pablo Serodio.

Neste acto participaron 100 nenos e nenas de entre 4 e 10 anos de idade das categorías infantiles da U.D. Mos, acompañados dos seus pais e/ou familiares. En total congregáronse esta mañá no Campo de Fútbol das Baloutas máis de 300 persoas.

A Unión Deportiva Mos organiza esta celebración da festividade navideña de Reis coa colaboración do Concello de Mos. As actividades comezaron ás 10.30 horas da mañá, momento dende o cal os rapaces participantes puideron gozar e divertirse realizando tradicionais xogos populares ata que, xa ás 12.00 horas chegaron os Reis Magos de Oriente para repartir caramelos e recoller as cartas e peticións de tódolos pequenos presentes. A festa rematou cun chocolante quente con rosca para todos os asistentes.

Respecto deste momento tan entrañable a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declarou que “resulta emotivo para min como alcaldesa e tamén como nai ver a ilusión nas miradas de todos estes cativos, por iso é todo un orgullo poder contribuír a elo colaborando dende o Concello de Mos”.

“Todo o ano, e como non podía ser menos, nestas datas de Nadal, o Concello vólcase na organización da súa propia programación cultural e deportiva; así como tamén na colaboración coas iniciativas propias promovidas dende asociacións e clubes. Mos ten un gran tecido asociativo ao que tentamos axudar sempre e o apoiamos en todo o que está na nosa man, como así fixemos con esta actividade de hoxe”, concluiu Arévalo.

5 de xaneiro de 2017 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.