publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os Reis Magos chegan a Pazos de Borbén este martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

As súas maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán mañá Pazos de Borbén para entregar os seus agasallos aos nenos de todo o municipio. Como é tradicional, o encontro producirase na Casa do Concello a partir das 15:00 horas, onde os pequenos poderán fotografarse coas súas maxestades ademais de gozar dunha mañá chea de sorpresas.

A actividade comezará a partir das 11:00 horas coa apertura dos primeiros postos de Feira dos Reis Magos que se instalará nos exteriores da Casa do Concello. Un mercado no que non faltarán os tradicionais doces típicos destas festas, a artesanía ou o clásico pulpeiro.

Para os máis pequenos as actividades comezan a partir das 15:00 horas cun espectáculo de animación e xogos. A continuación, sobre as 17:00 horas, terá lugar a esperada cabalgata que traerá ás súas maxestades desde o afastado oriente para que os pequenos lles poidan facer entrega das súas peticións.

A chegada dos Reis Magos comezará a partir das 15:00 horas coa actuación do Mago Richard e os seus “Contos de Nadal”. Unha historia para todos os públicos na que un adulto volve á infancia grazas á maxia.

Ao finalizar o espectáculo producirase a esperada visita das maxestades de Oriente. A bordo do tren para deixar descansar aos seus camelos antes dunha longa noite, os Reis visitarán aos nenos de Soutomaior para recoller as cartas nas que detallan os seus agasallos ademais de premiarlles polo seu bo comportamento durante o pasado ano.

2 de xaneiro de 2017 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.