publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os mariñáns pecharán a primeira volta en territorio valenciano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Pescados Rubén Burela FS pechará a primeira volta de Primeira LNFS mañá en Valencia (21.00 -horario unificado-) para medirse ao penúltimo clasificado, Levante UD DM (6 puntos). O de El Cabanyal será o primeiro compromiso da semana para os mariñáns, que ocupan a décima praza (15 puntos); o venres volverán xogar a domicilio fronte ao Palma Futsal (20.30 horas).

Ambas as escuadras chegan á cita con ganas de recuperar boas sensacións e puntos logo das últimas citas erradas; os galegos non puntuaron desde a xornada 10, con Gran Canaria FS (4-10) e os valencianos desde a 11ª, con Peñíscola (3-3).

A boa noticia da enfermería laranxa protagonízaa Edu; o meta laranxa volve á convocatoria para Levante tras a súa intervención de xeonllo en maio. Daniel Ibañes tamén recupera a Isi, ausente fronte a ElPozo por unha contractura, e a Matamoros, despois dunha sanción de dous encontros. Repetirá na lista o xogador do Onde Sempre Xove FS Sergio Cora. A expedición partirá esta noite, ás 21.00 horas, sen Cuco e Jorge Bellvert, por lesión, nin Álex, por decisión técnica.

Segundo os datos facilitados desde Levante UD DM, David Madrid terá todos os efectivos á súa disposición.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Sergio Cora, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 11. Chano, 17. Carlitos, 20. Miñano, 23. Antoñito, 27. Renato, 30 Hélder

9 de xaneiro de 2017 | 20:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.