publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os concellos do Entroido dos Xenerais da Ulla ultiman os detalles desta Festa de Interese Turístico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaBoqueixónSantiago de CompostelaSilledaTeoTouroVedraVila de Cruces
A-
A+
Xuntanza dos concellos do Entroido dos Xenerais da Ulla

Xuntanza dos concellos do Entroido dos Xenerais da Ulla

O Entroido dos Xenerais da Ulla celebraranse este ano nunha trintena de lugares e parroquias da Comarca do Ulla entre o 11 de febreiro e o 5 de marzo. Para concretar os detalles desta celebración, este mércores celebrouse unha xuntanza na que participaron os alcaldes de Boqueixón, Silleda, Touro e Vila de Cruces, a concelleira de Medio Rural da Estrada, o concelleiro de Medio Rural de Santiago, as concelleiras de Cultura e de Turismo de Teo, o concelleiro de Turismo de Vedra e a concelleira de Presidencia de Vila de Cruces, ademais do equipo técnico destes oito concellos que conforman o Grupo de Traballo para a promoción conxunta do Entroido Rural Tradicional da Ulla – Xenerais da Ulla.

O Plan de Promoción Conxunta do Entroido dos Xenerais da Ulla márcase cinco obxectivos complementarios: consolidar a recuperación de Entroido da Ulla como elemento singular do noso patrimonio cultural; dinamizar o turismo do territorio coa posta en valor do Entroido como eixe vertebrador do mesmo, explotando a súa capacidade de atracción e converténdoo nun atractivo turístico de primeira orde nas datas do Entroido galego; desenvolver unha campaña de promoción conxunta; facilitar un espazo de mostra, encontro e reflexión entorno ao Entroido da Ulla; e favorecer as situacións e actividades interxeracionais, culturais e etnográficas da zona, potenciando a interacción da poboación local cos visitantes.

Así, na reunión ultimáronse as principais accións a levar en 2017, que ademais de dar continuidade e reforzar ás dos anos anteriores, fixan como prioridades para o exercicio actual a consolidación dun orzamento estable que garanta as accións de dinamización e promoción deste Entroido ao longo de todo o ano. Para isto, ademais do compromiso de cada Concello, o Grupo conta anualmente co respaldo da Xunta de Galicia e das deputacións da Coruña e de Pontevedra.

Este Grupo de Traballo intermunicipal ten o seu marco no Protocolo de Colaboración asinado polos alcaldes dos oito concellos en xaneiro do ano pasado, convenio que actualizaba e reforzaba o anterior de 2012 e que ten por obxectivo afondar na colaboración para a recuperación total desta festa tradicional e a súa consolidación como un atractivo turístico que poida aumentar a demanda en temporada baixa.

O Entroido da Ulla remonta as súa orixes á primeira metade do século XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese século: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón.

18 de xaneiro de 2017 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.