publicidade hoxe

Obradoiros de xoguetoloxía e conferencia sobre Historia da lingua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Actividades de Normalización Lingüística en centros de ensino:

– 9.30 horas Obradoiro Xoguetoloxía, no CEP Marcos da Portela.

– 50 nenas e nenos de 1º de educación primaria.

– 12.15 h Obradoiro Xoguetoloxía, no CEIP A Carballeira

44 nenas e nenos de 6º educación infantil e de 1º e 2º ciclo de educación primaria.

Trátase dun obradoiro de construción de xogos, xoguetes, enredos e instrumentos sonoros con materiais de refugallo e naturais: birlos, peóns, boliches, papaventos.. que ten os seguintes obxectivos:

– Promover o uso da lingua galega asociada ao xogo e á creatividade.

– Os participantes aprenderán a construír os seus propios enredos e a xogar sen necesidade de grandes gastos

– Fomentar a creatividade e a autonomía

Desenvolvemento:

Presentación e pensamento diverxente: as nenas e nenos aprenderán que con materiais pobres se poden facer grandes cousas, polo que nun primeiro momento, verán os materiais e haberá unha pequena chuvia de ideas sobre que uso alternativo se lles pode dar.

Cada rapaz/a construirá o seu enredo para poder levar a casa.

Xogarán e experimentarán co enredo e, como peche, xogo tradicional bailado

Duración: 80-90 minutos, aproximadamente

Imparte: Xandobela

– 12.30 horas Conferencia sobre historia da lingua a cargo da Mesa, no IES Torrente Ballester

90 alumnas e alumnos de 2º de bacharelato.

Esta conferencia insírese dentro do programa de conferencias e charlas que a Concellaría de NL ofrece aos centros de ensino. Abranguerá a historia da lingua desde os comezos da democracia: síntese das mudanzas sociais e lexislativas para o idioma galego desde o final do franquismo até a actualidade.

25 de xaneiro de 2017 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.