publicidade hoxe

O “Venres do Ateneo” acolle unha conferencia do profesor Santiago Losada sobre Cela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O profesor Santiago Losada Carregal impartirá una conferencia neste ‘Venres do Ateneo’, a partir das 20:00 horas e con entrada libre, sobre a novela “La familia de Pascual Duarte”, do Premio Nobel galego Camilo José Cela. Personaxe ambiguo e negativo modelo de conduta, o personaxe de Pascual Duarte foi calificado como “un infeliz” polo doutor e humanista Gregorio Marañón.

Por outra banda, continúan na sala de exposicións os debuxos do artista galego Xaquín Marín, que acudirá ao Ateneo Santa Cecilia o vindeiro venres 27 ás 20:00 horas para participar na clausura desta mostra que abrangue 35 obras de toda a súa traxectoria, dende os anos 70 ata a actualidade. Será a primeira vez que visite a vila de Marín, onde nunca antes protagonizara unha exposición individual. 

17 de xaneiro de 2017 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.