publicidade hoxe

O risco de afundimento dun bueiro de augas pluviais obliga a realizar obras na gardería O Toxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Goberno local aprobou hoxe obras de emerxencia na Escola Infantil “O Toxo” co fin de evitar que o detectado risco de afundimento dun bueiro que cruza o patio do centro poda causar algún dano aos nenos e nenas e ao persoal do centro.

O portavoz do Goberno local, Raimundo González, explicou que a gabia que cruza a gardería ven de cando polo lugar pasaba a vía de ferro e recolle as augas pluviais das rúas Colón, Alameda e Raiña Vitoria. Coas obras que se van a facer de inmediato construirase un novo colector de augas pluviais que descorrerá pola zona axardinada da escaleira que hai ao lado do patio do Toxo.

As obras a acometer teñen un custe de 42.111,05 euros e foron adxudicadas a Viacqua Xestión Integral.

30 de xaneiro de 2017 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.