publicidade hoxe

O Rio Natura Monbus Obradoiro ultima os detalles do V “Basket & Cheese”

O Rio Natura Monbus Obradoiro non descansa e está a ultimar os detalles da quinta edición do “Basket & Cheese”, unha xornada de debate sobre comunicación e deporte dirixido para todos os membros do Club de Empresas Obradoiro.

Esta edición do “Basket & Cheese”, patrocinada por quinto ano consecutivo pola Queixería Barral, terá lugar o vindeiro mércores 1 de febreiro, ás 19.30 horas, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura.

A mesa redonda, titulada “A capacidade comunicativa do deporte”, será moderada pola xornalista e presentadora da Televisión de Galicia, Ana Pérez, e contará con catro convidados de luxo:

– Javier de la Chica: director da área de Negocio e Mercadotecnia de ACB.

– Juan Useros: especialista en mercadotecnia deportiva, patrocinio, ticketing e organización de eventos con máis de 17 anos de experiencia en -organizacións de elite deportiva (como o Atlético de Madrid ou Estudantes).

– José García Liñares: Deputado de Deportes da provincia da Coruña.

– Enric Corbella: redactor de baloncesto en Marca.

Ao finalizar o evento, todos os asistentes poderán gozar, igual que nas pasadas edicións, dunha cata con moitos dos produtos lácteos de Queixería Barral, principal patrocinador do evento.

24 de xaneiro de 2017 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.