publicidade hoxe

O Rio Natura Monbus Obradoiro celebra os seus 250 partidos cun 3×1 só para os abonados e ex abonados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Onte domingo, no partido que enfrontou ao Rio Natura Monbus Obradoiro ante o Movistar Estudantes, o club alcanzou os 250 partidos xogados na máxima categoría do baloncesto español. O equipo compostelán xogou 224 partidos desde que ascendeu en 2009 e, a estes, hai que sumarlle os 26 xogados na tempada 1982/83 na chamada Liga Nacional, por aquel entón.

Así, o club quere celebrar na súa pista alcanzar esta cifra redonda xunto a todos os que sexan os seus abonados durante estes 250 partidos. Por iso, púxose en marcha unha promoción pola que poderán adquirir entradas a 3×1 no sector do pavillón que queiran.

Todos aqueles abonados e ex abonados que queiran beneficiarse da promoción poderán comprar as entradas na oficina (de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00), presentando o seu DNI.

O prezo xeral das entradas para o partido do próximo sábado é de 19€ nos Fondos, 29€ en Tribunas 2, 39€ en Tribunas 1 e 45€ en Retráctiles. Os prezos reducidos para este partido (menores de 18 anos, estudantes menores de 25, maiores de 65, parados de longa duración ou federados do ámbito do baloncesto) son de 15€ en Fondos, 19€ en Tribunas 2 e 29€ en Tribunas 1.

30 de xaneiro de 2017 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.