publicidade hoxe

O Recinto Feiral Estradense abrirá o seu primeiro certame anual con máis de 70 firmas expositoras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

Cando falta pouco máis dun mes para que a 7ª Feira de Oportunidades do Comercio, 2º Salón do vehículo de ocasión e 52ª Feira de Antigüidades e Artesanía abra as súas portas ao público, o espazo expositivo atópase totalmente comercializado. Nesta ocasión, abriránse un total de seis pavillóns ao igual que se ven facendo no evento máis grande que se celebra anualmente: Feira do Moble de Galicia.

Neste triple certame, daránse cita máis de setenta firmas expositoras que ocuparán un total de 11.400 m2 de espazo expositivo. A inmensa maioría das firmas presentes, proceden da Comunidade Autónoma de Galicia. Das firmas presentes, sobresae a presenza do comercio local estradense.

Tras o éxito obtido en pasadas edicións, o equipo organizativo considerou oportuno celebrar as tres mostras conxuntamente, facéndoas coincidir no tempo, aínda que, os certames seran publicitados por separado. Deste xeito, un certame beneficiase do tirón dos outros. Ao mesmo tempo, consíguese unha ampla e variada gama de productos, o que contribúe significativamente a que o certame sexa moito mais interesante e atractivo de cara ao público. Cantidade e variedade, serán as máximas deste primeiro certame do calendario feiral estradense.

O Recinto Feiral estradense, sorteará entre os visitantes, catro vales de compra. Os sorteos efectuaranse o sábado e o domingo, a razón de dous vales por día.

O recinto feiral abrirá do 10 ao 12 de marzo. A apertura o venres, será de dezaseis a vinteunha horas e o sábado e domingo, o horario será ininterrumpido de dez a vinteunha horas.

Esta mostra ven estando tradicionalmente moi concurrida porque nela, os visitantes poderan mercar todos os productos expostos a prezos mais reducidos incluso que en períodos de rebaixas xa que, é unha outlet de liquidación de stocks. Unha oportunidade para incentivar a participación do público e á vez, dinamizar o comercio local. Calzado, textil (nenos/adultos), menaxe, ferretería, óptica, tapicería, descanso, decoración, artesanía, antigüidades, libros, porcelana, vehículos de segunda man, etc…, son mostra do que o visitante poderá atopar neste evento de promoción económica. Esta grande Outlet é o que todos están agardando, polo atractivo dos seus productos e pola súa calidade.

Os certames, presentan un amplo elenco variado de productos aptos para todo tipo de economías domésticas.

26 de xaneiro de 2017 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.