publicidade hoxe

O programa de prevención da violencia de xénero de Silleda visita o IES Colmeiro coa sesión 2+1 Película

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O programa de Prevención da violencia de xénero do Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda retómase a partir de mañá coa iniciativa 2+1 Película, para alumnos e alumnas de secundaria.

Este programa de sensibilización será impartido pola investigadora Teresa Portela, experta en xénero e investigadora da Universidade de Vigo, coa análise de escenas de películas e a súa relación coa violencia de xénero. A primeira das sesións será mañá xoves día 12 ás 15:30 horas para o alumnado de de 3º da ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda. Esta iniciativa formaba parte do programa de actos con motivo do 25-N, no que se celebraron ademais da tradicional concentración “Máis violeta”, actos coma unha mesa redonda sobre a incidencia da violencia de xénero nos menores, na que participou tamén a propia Teresa Portas.

11 de xaneiro de 2017 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.