publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O programa de Nadal en Xove achégase ao final coa Cabalgata de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O Concello avanza cara o final deste Nadal coa celebración da Cabalgata de Reis mañá xoves 5 de xaneiro:

A Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata  ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc.

Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha FESTA INFANTIL no Pavillón coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS. E despois,….. a esperar os Reis.

Con respecto á celebración da Cabalgata, dende o Concello emitouse un aviso a toda a poboación de Xove solicitando colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata. Neste sentido, solicítase a tódolos veciños e visitantes que o día da Cabalgata NON APARQUEN na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería Onde  Sempre) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade), onde está o Bar  A Esquina de Memphis, coñecido antes como A Esquina..

Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos, disfruten de máxima seguridade.

Temos que decir que a estrada xeral non se vai a cortar, xa que só se vai utilizar un carril da mesma (o carril dereito en dirección Viveiro), quedando o outro para o tráfico, o cal estará regulado por personal da Guardia Civil con apoio do Servizo Municipal de Vixiantes, quens colaboran na seguridade desta Cabalgata e ao cales, dende o Concello, lles queremos agradecer esta colaboración.

 

4 de xaneiro de 2017 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.