publicidade hoxe

O prazo de inscrición na “Campaña de Esquí 2017” da Deputación da Coruña permanecerá aberto ata o 23 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O concelleiro de Deportes, Román Romero, recordou que o prazo para inscribirse na “Campaña de Esquí 2017” promovida pola Deputación da Coruña rematará o vindeiro 23 de xaneiro. A administración provincial oferta este ano un total de trece prazas para a localidade, ás que poden optar os nenos e nenas nacidos nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006, que deben cubrir unha ficha –que se pode descargar das páxinas webs: www.padroadodeportesnaron.com ou www.dicoruna.es- e cumplimentar cos datos requeridos para entregala no Rexistro do Concello. No caso de que a demanda de prazas supere á oferta realizarase un sorteo para elixir ás trece persoas que participarán nesta campaña. Os rapaces e rapazas de Narón están convocados para a primeira quenda, do 19 ao 24 de febreiro, xornadas que pasarán na estación de esquí de Leitariegos, en León.

A cota que aboarán os participantes é de 95 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de transporte, a estadía, a manutención na citada estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material e os derivados das actividades e cursos programados, tal e como se indicou desde a Deputación da Coruña.

Medio milleiro de rapaces e rapazas da provincia da Coruña poderán participar este ano na iniciativa, coa que se aposta por fomentar a práctica do esquí entre o colectivo.

13 de xaneiro de 2017 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.