publicidade hoxe

O piragüismo galego vestirase de gala en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaRianxo
A-
A+

Mañá sábado terá lugar a Gala do Piragüismo Galego 2016 no auditorio municipal da localidade coruñesa de Rianxo. Ás 19:00 comezará o acto que estará presidido por Marta Míguez recentemente nomeada secretaria xeral para o deporte. Estará acompañada polo alcalde de Rianxo Adolfo Muiños e o presidente da federación galega Alfredo Bea, ademais do presidente do Club Piragüismo Rianxo Tino Rodríguez.

Como mestre de cerimonias contarán nesta ocasión da man de Diego Viaño, que será o encargado de dirixir, unha festa na que se repartirán os premios aos mellores deportistas e clubs do territorio galego.

A data escollida para a cerimonia non coincide coas axendas dos catro padeeiros que este verán acudiron aos XX.OO de Río 2016 e lamentablemente non van poder asistir a recoller o seu premio. Tanto Óscar Carreira , Rodrigo Germade, Cristian Toro e Teresa Portela atópanse en respectivas concentracións preparando as competicións internacionais da tempada 2017, todos eles agradecerán o premio a través dun vídeo.

Unhas horas antes, ás 15:30 a federación organiza no mesmo auditorio a Asemblea Xeral Ordinaria, na que se tratarán os distintos puntos da orde do día:

Borradores das actas anteriores (Común e Extraordinaria 16-01-16) e (Extraordinaria 25-05-16).

– Proposta da C.D. da repartición de equipos entre 1ª e 2ª División, ascensos e descensos.

– Circular Tramitación de Licenzas 16-17.

– Modificación Tramitación de Licenzas 16-17.

– Proposta de remuneración do Presidente.

– Aprobación do Calendario e regulamentos.

13 de xaneiro de 2017 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.