publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Pino estrea parques infantís e biosaludables financiados pola Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Pino
A-
A+

O Concello de O Pino estrea novos parques infantís e biosaludables, financiados con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña cun investimento global de 164.000 euros.

Os parques infantís, ubicados en antigas zonas verdes do lugar de Castrofeito e na praza de Forcarei contan con columpios de dous asentos, un normal e outro de seguridade para os máis cativos, balancín, carrusel xiratorio de tres asentos, xogos múltiples e valla de cores arredor do recinto, con dúas portas de acceso.

O chan de ambos espazos, disposto sobre unha base de zahorra e formigón, conta con pavemento de seguridade de caucho para protexer aos pequenos de posibles caídas. Cada un dos parques tivo un coste de 60.276,22 euros.

Os pequenos de O Pino contarán así con dous novos parques de xogo, un dos elementos que, xunto coa creación de parques biosaludables, eliminación de barreiras arquitectónicas e mellora de locais sociais e camiños municipais, foi máis demandado polos concellos da provincia dentro dos proxectos que podían incluir no Plan de Acción Social.

De feito, en O Pino, o PAS financia tamén obras do acondicionamento exterior do local sociocultural de Santiso, en Castrofeito, e a mellora nos accesos peonís ao tanatorio de Arca, ao cemiterio de Pereira e ao local social de Budiño.

Precisamente no lugar de Budiño, a Deputación vén de rematar tamén as obras de construción dun novo parque biosaludable, cun investimento de 43.486,63 euros, destinado á realización de actividade física por parte de adultos e persoas maiores, que conta con elementos como barras para o exercicio de abdomen e espalda, andador para exercitar as pernas, e un aparato de surf para traballar cadeira, cintura e pernas. Tamén se dotou ao parque de bicicleta estática e máquina para exercitar brazos e pectorais mediante flexións.

23 de xaneiro de 2017 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.