publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Pazo da Cultura de Narón acollerá a representación da comedia “O tolleito de Inishmaan”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaNarón
A-
A+

A compañía Contraproducións SL representará este sábado, día 28, a obra O tolleito de Inishmaan no Pazo da Cultura. A posta en escena desta comedia dará comezo ás 20.00 horas e as entradas poden adquiririse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.      Baixo as ordes dun dos máis afamados directores do panorama teatral galego, Cándido Pazó, o elenco da obra, do que forman parte Santi Romay, Susana Dans, Evaristo Calvo, María Roja, Ana Santos, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro e Luis Iglesia, subirase ao escenario para interpretar esta comedia, ambientada nunha pequena illa irlandesa, chamada Inishmaan, e nos anos 30.

Un dos protagonistas da obra é Billy, un home eivado para o que o día a día na illa se complica mentres persegue o que para el é un soño, ser valorado como o resto de persoas. A mentira será un dos eixos centrais desta obra, como modo de xerar entretemento nas vidas dos habitantes da illa, que non deixan de inmiscuírse nas do resto da veciñanza para romper a rutina das súas propias.

25 de xaneiro de 2017 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.