publicidade hoxe

O número de obras maiores en Ames aumentou no 2016 coa concesión de 56 licenzas para vivenda nova unifamiliar e rehabilitación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

Rematado o ano 2016 dende a Concellaría de Urbanismo fan balance en canto ás obras maiores executadas durante dito exercicio. Deste xeito, no ano 2016 dende o departamento municipal de Urbanismo tramitáronse un total de 56 licenzas para vivenda de nova construción e rehabilitación. Isto supón un incremento do 32,5% na concesión de licenzas para obras maiores, respecto de 2014, ano no que se tramitaron 40 licenzas. Deste esta área tamén mostran interese por desenvolver un Plan Especial de Reforma Interior (PERI), en Bertamiráns, para a construción de 17 vivendas unifamiliares preto da Travesía do Lodeiro, ao carón do Rego dos Pasos, e maila recuperación da licencia de obra dun edificio que se atopa na avenida da Maía.

O sector da construción parece que se vai recuperando paseniñamente. Lonxe quedan os tempos nos que as grandes promotoras construían grandes urbanizacións e edificios de vivendas. Nos últimos anos a recuperación deste sector estase centrando na construción de novas vivendas unifamiliares e na rehabilitación de vivenda existente. Deste xeito, durante o ano 2016 dende o departamento municipal de Urbanismo tramitáronse un total de 56 licenzas para vivenda de nova construción e rehabilitación.

En 2014 concedéronse 40 licenzas para vivenda nova unifamiliar e rehabilitación, mentres que en 2015 tramitáronse 45 licenzas. Tendo en conta estes datos, en 2016 experimentouse un incremento do 32,5% na concesión de licenzas para obras maiores, respecto de 2014. Hai que destacar tamén o incremento na construción de vivenda con estrutura prefabricada. Cada vez son máis os veciños e veciñas que optan por este novo sistema de construción. 

O concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, destaca “o repunte no número de solicitude de licencias tramitadas nos últimos anos. Isto indica que a construción está experimentando unha mellora, e aínda que é pequena, pon de manifesto o comezo na saída da crise. En 2016 concedéronse 56 licenzas para obra maior. Estes datos refírense maioritariamente a vivenda unifamiliar e a rehabilitación de vivenda”.

Dende a Concellaría de Urbanismo tamén mostran interese por desenvolver un Plan Especial de Reforma Interior (PERI), en Bertamiráns, para a construción de 17 vivendas unifamiliares preto da Travesía do Lodeiro, ao carón do Rego dos Pasos, e maila recuperación da licencia de obra dun edificio que se atopa na avenida da Maía.

Plan Especial de Reforma Interior (PERI)

Cómpre lembrar que o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) correspondente ao ámbito do solo urbano non consolidado APR PB5-01 “Conexión da avenida da Maía coa rúa da Rosaleda (II)” do PXOM, prevé a construción de tres bloques de vivendas de planta baixa, tres plantas altas, e baixo cuberta. Ademais, disporán de cuberta plana e soportais en dúas das fachadas de cada un dos bloques. Este plan tamén recolle manter a vivenda unifamiliar existente neste ámbito e prevese que no linde sur e nos seus arredores se execute unha zona verde pública. Está previsto que o 30% dos metros cadrados residenciais de vivenda sexa destinada a algún réxime de protección pública.

Este plan, que foi aprobado no pleno ordinario de febreiro de 2015, recolle dúas parcelas; unha de 900 metros cadrados de equipamentos e outra de 427 metros cadrados para zonas verdes e de ocio. Debido á normativa de aproveitamento de uso residencial, destinarase obrigatoriamente a planta baixa das edificacións a uso terciario compatible co residencial e prevese unha parcela de uso hostaleiro-terciario-comercial onde se materializará o resto do aproveitamento non destinado a uso residencial. O PERI ordena a área de repartición definindo a superficie de parcela privativa necesaria para dar cabida ao aproveitamento lucrativo especificado, cedéndose ao concello o resto da superficie para implantar equipamentos comunitarios.

10 de xaneiro de 2017 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.