publicidade hoxe

O nivel do río Lérez mantense estable garantindo o subministro de auga á veciñanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

“ Os parámetros do río son similares aos que tiñamos a pasada semana e polo tanto garántese o subministro de auga” informou hoxe o concelleiro do Ciclo da Auga, Raimudo González.

Nos últimos tres días o río ten un nivel medio de auga de 2,55 metros, fronte aos 2,58 de hai unha semana e un caudal medio de 6,25 metros cúbicos/segundo, fronte aos 6,8 da pasada semana.

Pola súa banda a capacidade da presa do Pontillón mantense no 67% (habitualmente está no 100%). Esta situación non se debe á seca nin a que o Concello estea usando o encoro; debeuse a que se fixeron unhas ramplas de acceso ao vaso da presa para mellorar a práctica do piragüismo, e foi preciso ese desaugue para poder construílas.

A seca que se está a vivir non afecta até agora ao abastecemento, inda así Raimundo González fixo un chamamento á cidadanía para que faga un uso responsábel da auga, “un ben escaso”, subliñou

23 de xaneiro de 2017 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.