publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O mercadillo semanal do Grove celebrarase o vindeiro xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O mercadillo semanal dos venres cambia de data esta semana por mor da celebración do día de Reis. Deste xeito os postos instalaranse no horario e lugar habituais o xoves 5 de xaneiro.

O mercado semanal non foi suspendido ningunha semana ao longo deste 2016, celebrándose incluso coincidindo coas festas locais e durante a Festa do Marisco (neste caso trasladado a outra zona). Deste xeito os traballadores deste mercado contaron co maior número de días posible para exercer a súa actividade. Precisamente o pasado 31 de decembro rematou o prazo de renovación das licencias do mercado do Grove, seguindo o procedemento administrativo habitual para o funcionamento desta actividade. 

2 de xaneiro de 2017 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.