publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O goberno municipal de Lalín proporá que Federico Trillo sexa declarado “persoa non grata”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+

O Goberno municipal de Lalín levará unha moción ao vindeiro Pleno para propoñer que Federico Trillo sexa declarado como “persona non grata” no concello. A decisión prodúcese despois de que o Consello do Estado emitise un ditame no que responsabiliza ao goberno de José María Aznar traxedia do Yak-42, no que faleceron 62 militares, entre eles o veciño de Lalín Vicente Agulló. Ese documento tamén admite a responsabilidade patrimonial no accidente do Ministerio de Defensa -entón dirixido por Federico Trillo- xa que considera que non só non fixo o necesario para garantir a seguridade de las tropas, senón que tampouco reaccionou ante os informes que alertaban dos riscos durante os traslados.

O accidente aéreo do Yak-42 aconteceu o 26 de maio de 2013 cando a aeronave se estrelou nunha montaña en Turquía con 75 persoas a bordo. A pasaxe estaba formada por 62 militares, que regresaban a España tras catro meses e medio de misión en Afganistán. Todos eles faleceron -xunto a doce tripulantes ucraínos e un cidadán bielorruso- no que constitúe a peor traxedia del exército español en toda a súa historia en tempo de paz.

Entre os soldados mortos nesta traxedia atopábase Vicente Agulló, veciño de Lalín, polo que o Goberno considera que a medida de declarar como “persona non grata” a Federico Trillo na súa localidade natal, se ben non servirá para paliar todo o sufrimento causado á súa familia e achegados, si permitirá dignificar a súa memoria. Ao mesmo tempo, outra das intencións do Goberno municipal con esta proposta é avanzar no obxectivo de intentar que dunha vez por todas se faga xustiza coas vítimas deste sinistro, despois de varios procesos xudiciais nos que se determinou que a causas do accidente foron o deplorable estado do avión alugado por Defensa para a repatriación dos soldados, así como o estrés, o esgotamento e a falta de formación dos pilotos tras máis de 20 horas de voo. A maiores, a xestión da identificación dos cadáveres realizada polo Ministerio de Defensa tamén foi escandalosa, xa que varios dos militares mortos foron enterrados ou incinerados sen que se acreditase correctamente a súa identidade, malia as palabras de Federico Trillo que asegurou no Congreso que a identificación dos cadáveres se fixera con todas as garantías.

Neste contexto, o Goberno de Lalín súmase á petición dos familiares dos falecidos para que o Goberno pida perdón e que o exministro de Defensa, Federico Trillo, sexa cesado do seu cargo de embaixador no Reino Unido. Para o executivo local non resulta de recibo que Trillo, á vista dos feitos, siga a ocupar un cargo público pagado cos impostos de todos os cidadáns cando a súa responsabilidade e nefasta xestión nunha traxedia tan grave só serviu para incrementar a dor e o sufrimento dos familiares, amigos e achegados das vítimas. 

4 de xaneiro de 2017 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.