publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Cupón Diario da ONCE reparte en Cedeira 350.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O Cupón Diario da ONCE repartiu  350.000 euros en Cedeira, en 10 cupóns premiados con 35.000 euros cada un no sorteo do luns, 16 de xaneiro de 2017.

O vendedor da ONCE Manuel Casas García é quen levou a sorte da ONCE a Cedeira, onde comercializa os produtos de xogo da ONCE e xa o celebra con algúns dos seus clientes habituais.

Ademais, o axente vendedor da ONCE José Lodeiro Mariño deixou 35.000 euros en Malpica de Bergantiños.

O cupón da ONCE do 16 de xaneiro, dedicado  a Costa de Almería e ao Indalo, deixou premios por valor de 1.820.000 euros entre localidades de Andalucía, Comunidade Valenciana, Baleares, Cataluña e Asturias. 

O Cupón Diario da ONCE ofrece, por 1,5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras. Ademais, o cliente ten a oportunidade, por 0,5 euros máis, de xogar tamén á serie, e gañar “A Paga” de 3.000 euros ao mes durante 25 anos, que se engadirá ao premio de 35.000 euros. Terán premio de 500 euros os números anterior e posterior ao agraciado; e premio de 200, 20, e 6 euros ás catro, tres e dúas últimas cifras, respectivamente, do cupón premiado. Así como reintegros de 1,5 euros á última e primeira cifra.

Os cupóns da ONCE comercialízanse polos 20.000 axentes vendedores da ONCE. Como sempre, grazas ao Terminal Punto de Venda (TPV), o cliente pode elixir o número que máis lle guste. Ademais, pódense adquirir desde a páxina web oficial de xogo da ONCE www.juegosonce.es.

17 de xaneiro de 2017 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.