publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Consello Local de Turismo do Grove recibe os primeiros datos da Festa do Marisco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Consello Local de Turismo do Grove mantivo a súa derradeira reunión ordinaria do ano o pasado xoves pola tarde. Na referida reunión informouse sobre a actividade realizada durante o ano 2016 pola Concellería de Turismo e avanzáronse os primeiros datos das contas da Festa do Marisco a falta de pechar o exercicio e de matizar cuestións como o pago da taxa de Portos.

No relativo á actividade da Concellería de Turismo tamén se dou conta das obras emprendidas na Oficina de Turismo así como das subvencións tramitadas e conqueridas durante o pasado ano. Destacáronse os problemas derivados da escaseza de persoal para a apertura da Oficina de Turismo e aportáronse datos concretos sobre os gastos desta concellería.

Como ven sendo habitual as contas das Festa do Marisco faranse públicas no apartado de transparencia da páxina web do Concello do Grove. 

2 de xaneiro de 2017 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.