publicidade hoxe

O Concurso de Máquinas Destacadas da feira Abanca Cimag-GandAgro distingue 10 innovacións en maquinaria agrícola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A  II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2017, a cal se celebra dende hoxe ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA distinguiu 10 innovacións en maquinaria agrícola no seu Concurso de Maquinas Destacadas Cimag 2017.

Estas novidades foron o enganche de tractor para remolque Agrokit homologado pola UE para circulación vial que permite axustar a altura e admite unha gran carga, presentado por Agrokit Industrial; a cargadora telescópica Manitou MLT 635 especialmente deseñada para manexo de cargas no sector agrícola que destaca pola entrada/saída ao posto de condución, de Cardelle Hidráulica; o tractor agrícola Claas Arion 460 Panoramic con cabina panorámica que facilita o traballo con palas cargadoras, da Rede de Concesionarios Claas de Galicia; a trituradora angular forestal Serrat DAP FX desprazada lateralmente para limpeza de camiños, de Construcciones Metálicas Alcay – Serrat Trituradoras; e o cargador con accionamento eléctrico mediante baterías Kramer KL 25.5e que non produce emisións de CO2 nin outros gases de escape, de Deltacino.

Así mesmo, foron destacados o software para a xestión e control da alimentación en graxas Feedelio y DTM Suite que ofrece una solución integrada e de fácil manexo, de Electricidad Mario; a suspensión con barras de torsión en segadora-acondicionadora arrastrada Kuhn FC Serie 1060 que consegue manter unha presión constante sobre o chan e a altura do corte e tamén o sistema de xestión automática en rotoempacadoras de cámara fixa Kuhn Automate que facilita o manexo e aumenta a capacidade de empacado, ambas de Kuhn Ibérica; o mesturador para a alimentación do gando Siloking Selfline 4.0 que destaca polo seu sistema de rotores de mesturado e picado, presentado por Siloking; e o remolque agrícola con caixa intercambiable  RBTX/Modular System con sistema de anclaxe rápido e seguro para a fixación da caixa, de Talleres Blanco y Oro.

O xurado deste concurso estivo conformado por  Luis Márquez, presidente de AENOR CTN 68 “Tractores y Maquinaria Agrícola”;Fernando Augusto dos Santos, profesor da Escola de Ciencias Agrarias e Veterinarias da Universidad de Tras Os Montes e Alto Douro; Javier Bueno, vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, e Ignacio Ruiz, secretario xeral da AsociaciónNacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal y de Espacios Verdes (Ansemat). 

Os galardóns foron entregados esta este mediodía no marco do certame polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen participaron na inauguración oficial da feira, e tamén polos membros do xurado e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.

Aposta pola innovación

Ademais deste concurso, Abanca Cimag-GandAgro celebra outro certame centrado na innovación, o Abanca GandAgro Innova 2017, dirixido a premiar as innovacións tecnolóxicas que supoñan un avance ou mellora na produción, transformación e comercialización ou no desenvolvemento das zonas rurais, nos sectores agrícola e gandeiro. Os seus premios entregaranse esta tarde.

Ambos concursos, aos cales concorreron un total de 21 propostas presentadas por 17 empresas que participan na área expositiva, son unha mostra da aposta de Abanca Cimag-GandAgro 2017 por potenciar a innovación no sector agropecuario.

26 de xaneiro de 2017 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.