publicidade hoxe

O Concello de Vilagarcía comprobará a situación urbanística de todos os establecementos nas naves do acceso ao hospital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A inspección ordenada polo Concello ao bazar chino tras a denuncia realizada pola concelleira do PP, Ana Granja, esténdese ao resto dos establecementos instalados nas naves do acceso ao Hospital. A inspectora constatou esta mañá que o bazar estaba en funcionamento pese a que aínda se está a tramitar o proxecto de obra, polo que procédese á apertura de expediente de reposición da legalidade urbanística.

A actuación do Concello non se limitará ao bazar denunciado ante o Consello de Xerencia pola edil do PP, senón que se fai extensible ao resto dos establecementos emprazados nesas naves co obxecto de verificar a súa situación urbanística e determinar si contan cos permisos preceptivos para estar en funcionamento.

Tal como se constatou esta mañá,. o bazar chino abriu as súas portas hai uns días. A propia Granja comentou no Consello da Xerencia de Urbanismo que incluso fixera unha festa de inauguración. Non obstante, os outros establecementos que están en funcionamento nesas mesmas naves levan varios anos abertos, polo que o lóxico sería que o executivo de Tomás Fole tivera constatado a situación urbanística no seu día e, de ser o caso, conforme á autoridade e competencia que a lei lle outorgaba como goberno, ter actuado coa mesma dilixencia que amosa, agora que está na oposición, a que entón era concelleira de Urbanismo.

En calquera caso, o executivo socialista, como non pode ser doutro xeito, velara polo cumprimento da legalidade vixente, polo que unha vez estean rematados os informes da inspección e se coñezan as conclusión dos mesmos, tomará as medidas que procedan en cada caso, tanto no relativo á recente apertura do bazar chino, como nos demais, se así corresponde.

19 de xaneiro de 2017 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.