publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Narón e a Asociación Cultural Impact coorganizan a “Liga Impact Modern” que se celebrará no local social do Alto do Castiñeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O local social do Alto do Castiñeiro acollerá este sábado, día 21, o primeiro torneo deste ano da “Liga Impact Modern” (LIMO) do xogo de cartas Magic The Gathering –moi valoradas pola súa escasez e antigüidade-, coorganizado pola Asociación Cultural Impact e o Concello de Narón. O presidente da citada entidade cultural, Antonio Adalid, avanzou que polo momento está confirmada a participación de preto de medio cento de persoas, procedentes da comarca e tamén doutras localides como A Coruña ou Santiago e incluso de comunidades como Asturias. As partidas comezarán a xogarse ás 10.30 horas, polo que previamente, entre as 10.00 e as 10.25 poderán inscribirse aínda as persoas interesadas.

Ao longo da mañá disputarase a “liguilla” nun total de catro rondas, según as previsións iniciais, e pola tarde celebraranse dúas rondas máis e as eliminatorias. O número de rondas podería variar en función da cantidade de participantes finais, tal e como apuntou Adalid.

Na convocatoria entregaranse sustanciosos premios aos mellor clasificados, según se indicou desde a organización do evento. Entre os obxectivos deste tipo de convocatorias están, apuntan desde a Asociación Cultural Impact, “fomentar a participación da cidadanía neste tipo de xogos de cartas”.

A finais deste ano desenvolveranse un total de oito torneos da LIMO e sete da Liga Impact Legacy e, a maiores, terán lugar as finais rexionais galegas dos formatos Modern e Legacy, que tamén se convocarán no local social do Alto do Castiñeiro, tal e como avanzaron desde a asociación.

19 de xaneiro de 2017 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.