publicidade hoxe

O Concello de Narón celebrará o Día dos usuarios das bibliotecas distinguindo aos dez “Usuarios de Honra 2017”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A Biblioteca municipal de Narón distinguirá este sábado a dez “Usuarios de Honra 2017”, nas categorías de Infantil e Adultos. Así o anunciou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que indicou que a convocatoria responde á celebración do Día do usuario e usuaria das bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro. O alcalde, José Manuel Blanco, presidirá este acto, que dará comezo ás 11.30 horas na planta baixa das instalacións da Biblioteca municipal, no Alto do Castiñeiro (rúa 25 de Xullo). Con esta distinción, que se leva a cabo desde hai catro anos, recoñécese a un grupo de usuarios e usuarias que destacaron “pola súa especial implicación coa biblioteca durante o ano anterior, neste caso o 2016”, tal e como apuntou Taibo.

A edil naronesa avanzou que na categoría Infantil (ata 15 anos) recibirán a distinción: Adrián Muíño Dacal, Sophie Airado Nunes, Mouhamadou Laye Niang, Candela Cabezón Barro e Lovette Diatta Diatta. Na modalidade de Adultos, os “Usuarios de Honra 2017” son Margarita Silvosa Iglesias, Andrés Martínez Riveira, Rosa Montero Ferro, Carlos Noche Golpe e Patricia Alcaraz Guitián.

O alcalde e a edil de Bibliotecas recibirán aos Ususarios de Honra nas citadas instalacións e entregaranlles un diploma acreditativo e un agasallo durante o transcurso do acto.

A Concelleira de Bibliotecas destacou a excelente acollida que ten entre a veciñanza este servizo, desde o que se programan múltiples actividades ao longo do ano. Na actualidade, a Biblioteca municipal de Narón conta con 16.405 usuarios inscritos.

12 de xaneiro de 2017 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.