publicidade hoxe

O Concello de Carnota informa da campaña de esquí

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnota
A-
A+

O Concello de Carnota informa de que a Deputación Provincial da Coruña convoca, dentro da súa programación deportiva para 2017, unha campaña de esquí na estación invernal de Leitariegos. Os participantes gozarán dunha fin de semana con aloxamento , manutención, desplazamento, seguros e  os cursiños de esquí na estación Leonesa.

Data: 3º Quenda (do 12/03/17 ao 17/03/17)

Lugar: Estación de Leitariegos (León)

Réxime: Pensión completa.

Idades dos participantes: Nados nos anos 2006, 2005, 2004, 2003 e 2002.

Solicitudes: No Concello, Departamento de Cultura e Deportes.

Data límite de preinscrición: ata o 23 de xaneiro de 2017       

No caso de haber máis solicitantes que prazas, celebrarase un sorteo público ó remate do prazo de inscrición. Ao Concello de Carnota concedéronlle 3 prazas. Terán preferencia os que non foran antes a ningunha campaña da neve da Deputación.

COTA DE INSCRICIÓN: Unha vez que o Concello confirme a obtención da praza, deberase realizar o ingreso de 95€, na conta que no seu momento se sinale.

9 de xaneiro de 2017 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.