publicidade hoxe

O Concello de Bueu aproba as bases de subvencións para actividades culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello de Bueu aprobou hoxe as bases e a convocatoria de subvencións para asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolveran actividades culturais no ano 2016.  O prazo para solicitalas é de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

A convocatoria deste ano, que xa se pode consultar na páxina web do Concello de Bueu, consta dalgunhas novidades, que buscan que as subvencións sexan o máis obxectivas, transparentes e competitivas. Entre elas está a posibilidade de presentar as solicitudes ou ben no Rexistro Xeral, coma en anos anteriores, ou a través da sede electrónica do Concello.  

O orzamento destinado para a convocatoria será de 25.000 euros, e serán subvencionables as actividades culturais dirixidas á realización de actuacións no eido cultural en todas as súas vertentes: musicais, literarias, plásticas, escénicas, audiovisuais, etnográficas, etc.

Dela quedan excluídas as actividades subvencionadas, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias ou plans do Concello, as actividades organizadas por asociacións coas que se asine un convenio de colaboración durante o ano 2016, os gastos de funcionamento das entidades e gastos correntes,  as viaxes de ocio, as actividades que non teñan carácter de acceso público, os gastos de instrumentos e vestiario, as escolas e obradoiros de música (vai haber unha liña de subvencións aparte), os gastos gastronómicos, as actividades de carácter deportivo ou que non teñan que ver coa cultura. 

31 de xaneiro de 2017 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.