publicidade hoxe

O Concello acondiciona un solar cedido na rúa Castrelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Solar cedido na rúa Castrelo

Solar cedido na rúa Castrelo

O Concello de Silleda iniciou hoxe os traballos de acondicionamento e mellora dun pequeno solar situado na rúa Castrelo. Esta parcela foi cedida en uso pola familia propietaria ao Concello de Silleda que se encargará ahora do seu mantemento.

Hoxe procedeuse á retirada de residuos para a limpeza do terreo. Unha vez rematados estes traballos de retirada de maleza e outros, procederase ao acondicionamento do solar, no que se realizarán tarefas de axardinamento.

Esta actuación enmárcase dentro da liña de colaboración do Concello de Silleda cos propietarios de solares nos cascos urbanos, iniciada xa na pasada lexislatura.

Froito desta colaboración é a dotación de dous aparcadoiros municipais gratuitos na rúa María Colmeiro e rúa Cartagena, ou o axardinamento do solar situado na rúa Xeral da Bandeira para os que se asinaron cos propietarios cadanseu convenio de cesión. “O obxectivo destes convenios cos particulares é a posibilidade de contar con servizos para as cidadaníase de mellorar a estética das nosas vilas para unha maior humanización dos espazos urbáns”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

9 de xaneiro de 2017 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.