publicidade hoxe

O Centro deportivo A Telleira comeza o ano cunha promoción para facilitar a incorporación da veciñanza á practica deportiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

Durante este mes de xaneiro e a primeira quincena de febreiro o Centro deportivo municipal A Telleira pon en marcha unha nova campaña para animar á veciñanza a practicar máis deporte de cara ao ano 2017. Os novos usuarios non terán que pagar matrícula e disporán dunha invitación gratuíta para probar os servizos que se ofrecen nestas instalacións deportivas. Trátase dunha campaña de captación para que os veciños e visitantes do concello de Ames sigan gozando da actividade física.

O Centro deportivo municipal de A Telleira, situado en Bertamiráns, propón unha serie de ofertas que pretenden que todos os veciños e veciñas fagan exercicio e se activen neste comezo de ano. Todo é empezar e en xaneiro máis! Este é o lema escollido pola dirección do Centro deportivo para a nova campaña de captación de novos socios e socias.

O complexo convida a todos e todas a probar durante un día as súas instalacións e gozar do deporte na piscina deportiva, na sala fitness ou na salas de actividades. Para poder vivir esta experiencia hai que acceder a esta dirección web: http://todoesempezar.es/ames/ Neste lugar pódese descargar unha invitación gratuíta. Serviocio, a empresa que xestiona o servizo da instalación, explica que “calquera razón é válida para facer deporte” e que nas súas instalacións pódese ir “a desconectar, a nadar, a coñecer xente, a sentirse un mellor…”. 

Se un decide facerse socio, o centro deportivo oferta, ata o 12 de febreiro, matrícula sen custo e sen compromiso. Unha boa oportunidade de coñecer a súa escola de natación, as actividades para os nenos/as ou relaxarse no súa sauna. Para obter máis información sobre a oferta do centro e os prezos pódese chamar ao teléfono 981 891 081 ou enviar un correo electrónico ao enderezo ames@serviocio.es. O horario de inverno da Telleira é, de luns a venres, de 07:30 a 23:00 horas. Os sábados o centro abre de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Os domingos e festivos o horario de apertura vai de de 09:00 a 14:00 horas.

As instalacións do centro dispoñen de 1.000 metros cadrados, que comprenden a piscina deportiva, a sala fitness, a sala de actividades, a sala de ciclo e a sauna. Unha instalación deportiva en continua renovación onde practicar máis de 80 horas de actividades dirixidas ou adestramentos funcionais de tipo cros. Ademais, ofrecen cursos para os máis pequenos da casa e para os máis maiores, así como clubs deportivos con actividades totalmente adaptadas a eles.

19 de xaneiro de 2017 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.