publicidade hoxe

O alumnado de canteiría do Obradoiro de Emprego Ponte da Pedra comeza as sesión prácticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Os alumnos/as e traballadores/as do módulo de Colocación de Pedra Natural do Obradoiro de Emprego Semente de Pedra do Concello de Silleda iniciaron xa as sesión prácticas. O alumnado está a traballar xa na nave municipal habilitada como taller para a realización das prácticas, na rúa de Trasdeza.

Nos vindeiros días comezarán xa a traballar no entorno da praza da Igrexa de Silleda onde se levarán a cabo os traballos desta modalidade formativa.

O alcalde, Manuel Cuiña, que visitou hoxe o taller xunto co concelleiro de Urbanismo, Klaus Brey, destaca que con esta actuación se mellorará o tramo urbano do entorno da praza da Igrexa de Silleda. “Vaise mellroar este entorno coa dotación de novo mobiliario e acometerase tamén a  remodelación da fonte, agora en desuso”, indica. O proxecto busca mellorar este entorno, eliminando barreiras e coa dotación de novo mobiliario urbano, sempre en lugares ata onde non chegaron actuacións anteriores.

O módulo de Instalación e Mantemento de Xardíns realizará os traballos no ámbito de urbanización da parcela onde se ubicará o  Centro de Día Residencial de Silleda.

9 de xaneiro de 2017 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.