publicidade hoxe

O alcalde de Vilagarcía reúnese con responsables de Estradas para tratar a seguridade viaria no tramo de Salgueiral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o concelleiro de Tráfico, Juan Antonio Pérez Callón, acudirán o venres a Estradas da Xunta de Galicia co obxectivo de demandar á administración autonómica que adopte as medidas oportunas para incrementar a seguridade viaria na estrada de Bamio ( PO 192), e mais en concreto no tramo da Rúa Salgueiral. A Corporación Municipal acordou por unanimidade no Pleno do pasado 29 de decembro reclamar á Xunta unha actuación urxente para garantir a seguridade dos veciños e peóns desta vía, tal como propoñía o BNG nunha moción.

O goberno local, que xa tiña realizado algunhas xestións en relación á falta de seguridade neste tramo de estrada de competencia autonómica, solicitou unha entrevista cos responsables da Xunta, encontro que se celebrará o venres pola mañá en Pontevedra e no que participarán o Xefe Territorial de Estradas, José Luis Díez e o presidente da Axencia Galega de Infraestruturas, Fausto Núñez.

Todos os grupos da Corporación recoñeceron a problemática que se da na estrada de Bamio e que leva tempo sendo motivo de queixas polos veciños da zona. Excesos de velocidade de moitos vehículos dificultan que os peóns atravesen e vía en condicións de seguridade nun tramo moi frecuentado ao atoparse alí o Centro de Instituto Social da Mariña e as paradas do transporte escolar.

10 de xaneiro de 2017 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.