publicidade hoxe

O alcalde de Pontevedra visitará os campamentos saharauis neste mandato

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O alcalde Miguel Fernández Lores recibiu hoxe a unha delegación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD), coa ministra de Cultura, Jadiya Hamdi, ao fronte. No encontro a ministra convidou ao alcalde a visitar os campamentos saharauís e coñecer a súa realidade.

Jadiya Hamdi agradeceu o interese pola causa da autodeterminación amosada sempre polo alcalde e a solidariedade do Goberno local e dos pontevedreses co seu pobo. Tivo palabras especiais de agradecemento para todas as persoas que dende hai anos acollen a nenos e nenas dos campamentos ao abeiro das Vacacións en Paz.

Miguel Fernández Lores recolle a luva tirada por Jadiya Hamdi e comprometeuse a visitar os campamentos saharauís “neste mandato”, unha visita coa que tentará dar visibilidade a realidade na que viven e a loita do pobo saharauíta coa que tentará dar visibilidade a realidade na que viven e a loita do pobo saharaui.

26 de xaneiro de 2017 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.